Páginas

jueves, 27 de diciembre de 2012

A casa dos líos


O domingo 16 "A Mámoa Teatro" de Luou presentou na Casa da Cultura de Camporrapado unha comedia de enredo con tódolos ingredientes precisos para divertir: pelexas, equívocos, amor, odio e un final feliz ¡Como debe ser! 

I Festival de Nadal da Escola de Música Moderna de Boqueixón


Con escasos tres meses de andaina e 20 alumnos/as incritos, a Escola de Música Moderna de Boqueixón celebrou este domingo o seu primeiro festival no que o alumnado mostrou os coñecementos adquiridos nas distintas especialidades (canto, piano, trombón, saxo,…). Realmente emocionante ver aos pequenos ante o público. Todo un éxito!!! 

Exposición sobre a biodiversidade


EXPOSICIÓN DIDÁCTICA "GALICIA BIODIVERSIDADE"
Casa do Concello – Do 18 ao 21 de decembro- 9:00 a 14:30 h.

Esta exposición recibíu a visita de escolares de 3º, 4º 5º e 6º de Primaria do CPI “Antonio Orza Couto” e do grupo de Educación de Adultos (Graduado en ESO), contando cunha guía para unha maior comprensión da mesma.

A través desta exposición, os visitantes  tiveron a posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosis­temas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atopamos  as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Tamén se puido coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, por exemplo, na alimentación, gra­zas á cría e cultivo de variedades galegas de maior calidade.
Mediante materiais expositivos, visitas guiadas, obradoiros e xogos, descubreuse o papel que se pode desempeñar na conservación da nosa biodiversidade, adoptando un papel activo na protección do medio na­tural que se atopa no noso entorno. 

viernes, 14 de diciembre de 2012

Obradoiro de habilidades sociais



Noon, as habilidades sociais non son as formas para facerse socios dun club!!

Corrixir erros coma este e aprender técnicas para adestrarse nalgunhas das habilidades sociais máis importantes (escoita activa, empatía, asertividade…) foron os obxectivos procurados no Obradoiro de Habilidades Sociais impartido aos alumnos de 6º da E.P.O do CPI do Forte durante o mes de novembro!
Canda os froitos dos ourizos chegou a monitora pero aínda así o alumnado con moito agarimo pousou os coitelos de picar as castañas para o magosto e recibiron este taller con moi boa actitude e mellor participación! Foron catro sesións nas que se combinou a explicación teórica coa práctica por medio do role-playing, ou como dirían eles “obras pequenas” e “historietas”.

Valorada con éxito, a actividade espera levarse a cabo de novo nos vindeiros cursos!

martes, 4 de diciembre de 2012

Ciclo de teatro


Para  pasar un rato divertido  e………combatir o frío destas datas, ven ao teatro ¡!
O domingo día 2 deu comezo o Ciclo de teatro de outono da man do grupo de teatro Tira e afloxa de San Pedro de Vilanova (Vedra) coa obra “Donde vai o cabalo de Santiago” coa que pasamos un rato entretido e divertido.
De “teloneiros” contamos con Tira e afloxa juniors, un grupo de rapaces e rapazas de 3 a 10 anos, tamén de San Pedro de Vilanova, que bailaron unha coreografía do musical Grease. ¡Menudos Johns Travolta e Olivias Newton John!
Non esquezades as seguintes  citas:

-Casa de Cultura de Camporrapado: domingo 16 ás 17:30 h. o grupo de teatro A Mámoa de Luou (Teo) cunha obra que promete “A cada los líos” e o Festival de Nadal da Escola de Música Moderna.

-Local Social de Codeso: domingo 23  ás 17:30 h. Grupo de maiores de Boqueixón coa obra “Caldo e galiña” e grupo de Baile Moderno CPI “Antonio Orza Couto”.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Obradoiro de arte floral


Presume de centros florais¡!!

Os días 29 e 30 de outubro , o concello de Boqueixón organizou un obradoiro de arte floral en Vigo e outro en Lestedo(en colaboración coas amas de casa desta localidade) que contaron coa participación de aproximadamente 30 mulleres.

Os contidos deste obradoiro centráronse na elaboración de distintos formatos de centros para cemiterio, aproveitando a proximidade do Día de Difuntos.

Estade pendentes porque no Nadal realizaremos outros obradoiros de decoración navideña.

Curso de informática para adultos


Dende mediados do mes de outubro vense levando a cabo un pequeño cursiño de informática para adultos no Local Social de Lestedo.



Este cursiño, cunha duración de 3 meses, serviralles aos alumnos para mellorar a súa destreza ou aprender os diversos usos que se pode facer cun ordenador, dende usar procesadores de textos, ata traballar con follas de cálculo, como facer una boa búsqueda por internet, saber recoller a información máis axeitada, darlle un uso bo e seguro ás redes sociais, usar o email dun xeito correcto e fácil, etc.



Con  este curso téntase achegar á xente do concello o uso da informática e de internet que día a día cobra máis importancia na vida da xente, e que constitúe a principal fonte de información e comunicación actuais.

martes, 13 de noviembre de 2012

Xornada Micolóxica 2012



O pasado domingo 4 de novembro o Concello de Boqueixón , a través do departamento. de Educación e Cultura, organizou unha xornada de setas co obxectivo ofrecer pautas para axudar a recoñecer os exemplares comestibles e concienciar dos riscos que conleva atreverse a recoller especies dudosas.
A xornada contou coa participación dun numeroso grupo e estivo conducida por Miguel Tembra, experto amante da micoloxía. Comezou cunha sesión teórica acompañada dunha exposición de diversos exemplares que nos podemos atopar no monte. A continuación realizouse unha saída ao monte para rematar pola tarde, cunha avaliación da xornada na que se procedeu ademáis a limpar e cortar as setas para a súa prepación..
O broche final puxoo un restaurante da zona que elaborou coas setas recetas variadas coas que se fixo unha exitosa degustación.
A actividade promete para repetir en sucesivas edicións.