Páginas

lunes, 13 de mayo de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS


Máxia, contacontos, obradoiros.... o pasado venres 10 de maio celebrouse na Casa da Cultura de Camporrapado o Festival das Letras, homenaxeando este ano a Roberto Vidal Bolaño

viernes, 10 de mayo de 2013

COÑECE GALICIA

 
Un grupo de  veciños/as de Boqueixón visitaron a cidade de Ourense tendo a opción de trasladarse en tren, pola tarde visitaron a vila de Allariz.Posted by Picasa

lunes, 6 de mayo de 2013

ENCONTRO DE MAIORES



O sábado día 4 de maio celebrousese  tradicional homenaxe ás persoas maiores que este ano cumpre a súa vixésima segunda edición.
O lugar de encontro foi o Pavillón Polideportivo de O Forte co seguinte programa de actos: a partires das 10:30 os autobuses percorrerán o concello recollendo aos participantes, a continuación haberá unha misa no salón de actos do colexio para posteriormente pasar ao xantar de convivencia no que aproveitan para parrafear e encontrarse os veciños e veciñas das zonas máis alonxadas. Despois de repoñer  forzas comeza a sesión de música e animación, con agasallos para todos, sorteos, distincións para os máis lonxevos da festa….
O Concello de Boqueixón agradece a colaboración neste evento do Centro Comercial As Cancelas, El Corte Inglés e Casa Taboada.

FINALIZAN OS CURSOS DE FOTOGRAFÍA NOCTURNA E DESEÑO

FINALIZAN OS CURSOS DE FOTOGRAFÍA NOCTURNA E DESEÑO ORGANIZADOS POLOS CONCELLOS DE BOQUEIXÓN E VEDRA.SENDO ORGANIZADO O DE FOTOGRAFÍA NO LOCAL SOCIAL DE LESTEDO E O DE DESEÑO NO TELECENTRO DE VEDRA.