Páginas

viernes, 26 de julio de 2013

DESCENSO DO ULLA EN PIRAGUAS

O día 20de xullo levouse a cabo o descenso do ulla iniciándose na  área recreativa de Sucira e rematando na área recreativa de a Agronovo, un percorrido de 12km.Nesta actividade partiparon 140 persoas, en colaboración co concello de Vedra.

COÑECE GALICIA: RÍAS BAIXAS

O día 23 de xullo realizouse unha visita ás Rías Baixas onde se pasou por lugares como: Combarro, a Toxa e o Grove. Podendo disfrutar dunha viaxe en barco.

martes, 16 de julio de 2013

Cursos de Natación

No mes de xullo,na piscina municipal do Forte, os lunes e mércores e os martes e os xoves  de 12:15 a 13:00 e de 13:00 a 13:45 cerca de 40 rapaces , inícianse ou perfeccionanse en natación.

lunes, 15 de julio de 2013

ILLAS SONS

O 15 de xuño levouse a cabo un encontro de grupos músicais e baile tradicional nas Illas Gres(Ponte Ledesma), onde participaron:

Boqueixón

O Ghusto do Boi
Pena do Corvo
A Requinta de Xián
Pandereteiras de Codeso

Vila de Cruces

Asociación Cultural Punteirolo
Grupo de gaitas "O Arco de Merza"
Gaiteiros de Piloño
Gaiteiros Tras San Xoán de Toiriz 
Gaiteiros de Carbia
Grupo Tradicional Sons da Mina
   Os Chirimbainas de Sabrexo

viernes, 12 de julio de 2013

Animación a Lectura 2013

O día 12 de xullo, nas instalacións do Forte, un grupo de rapaces puideron difrutar de títeres, contacontos, maxía, animación, clown e música en directo, no Espectáculo de Animación a Lectura.

Campamento de Verán (Palas de Rei-Lugo)

Dende o 6 ao 12 de Xullo un grupo de rapaces disfrutou das diferentes actividades realizadas no campamento "Os Chacotes", en Palas de Reis.

jueves, 11 de julio de 2013

Patinaxe 2013

No mes de xullo os martes e xoves de 10 a 11 h, un grupo de nenos disfrutaron da actividade de patinaxe, contando cos nenos inscritos no Verán Activo.

Verán Activo 2013

Dende o 1 xullo ata a primeira semana de setembro, rapaces de máis de 3 anos poden disfrutar das acatividades realizadas no Veran Activo tales como: xincanas, obradoiros, xogos, manualidades, actividades acuáticas,deportivas,etc. Lévase a cabo de Luns a Venres de 9 a 14h nas instalación municipais do Forte.

Aquapark Cerceda


O día 10 de xullo, un grupo de rapaces disfrutaron dun día no Aquapark de Cerceda.

Actividades de Lecerconsumo 2013




O día 8 de xullo levaronse a cabo unhas actividades de lecer e consumo, onde participaron os nenos do Verán Activo.

Campus Deportivo(Forte)



Ente o 25 ao 28 de xuño participaron 38 nenos no campus deportivo organizado pola Escola de fútbol de Boqueixón en colaboración co Concello de Boqueixón.

Viaxe a Lourdes

Entre o 26 ao 30 de xuño, este grupo pudo disfrutar da visita a Santander, Lourdes, San Sebastián, Comillas e Santillana del Mar.