Páginas

lunes, 18 de noviembre de 2013

XORNADA MICOLÓXICA

O pasado domingo 17 de novembro organizouse unha xornada de setas co obxectivo de ofrecer pautas para axudar a recoñecer os exemplares comestibles e concienciar dos riscos que conleva  recoller especies dudosas.
A xornada comezou cunha sesión teórica dos exemplares máis comúns  no noso monte, a continuación realizouse unha saída ao monte para rematar cunha exitosa  degustación de setas que se poideron degustar:
- crema de boletus, - croquetas de boletus, - setas con pasta, - setas en crema blanca, - revolto de cantarelos, tempura de setas.