Páginas

lunes, 6 de mayo de 2013

ENCONTRO DE MAIORES



O sábado día 4 de maio celebrousese  tradicional homenaxe ás persoas maiores que este ano cumpre a súa vixésima segunda edición.
O lugar de encontro foi o Pavillón Polideportivo de O Forte co seguinte programa de actos: a partires das 10:30 os autobuses percorrerán o concello recollendo aos participantes, a continuación haberá unha misa no salón de actos do colexio para posteriormente pasar ao xantar de convivencia no que aproveitan para parrafear e encontrarse os veciños e veciñas das zonas máis alonxadas. Despois de repoñer  forzas comeza a sesión de música e animación, con agasallos para todos, sorteos, distincións para os máis lonxevos da festa….
O Concello de Boqueixón agradece a colaboración neste evento do Centro Comercial As Cancelas, El Corte Inglés e Casa Taboada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario