Páginas

jueves, 27 de diciembre de 2012

Exposición sobre a biodiversidade


EXPOSICIÓN DIDÁCTICA "GALICIA BIODIVERSIDADE"
Casa do Concello – Do 18 ao 21 de decembro- 9:00 a 14:30 h.

Esta exposición recibíu a visita de escolares de 3º, 4º 5º e 6º de Primaria do CPI “Antonio Orza Couto” e do grupo de Educación de Adultos (Graduado en ESO), contando cunha guía para unha maior comprensión da mesma.

A través desta exposición, os visitantes  tiveron a posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosis­temas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atopamos  as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Tamén se puido coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, por exemplo, na alimentación, gra­zas á cría e cultivo de variedades galegas de maior calidade.
Mediante materiais expositivos, visitas guiadas, obradoiros e xogos, descubreuse o papel que se pode desempeñar na conservación da nosa biodiversidade, adoptando un papel activo na protección do medio na­tural que se atopa no noso entorno. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario